Formulario de contacto
Teléfono de contacto (+34) 981 824 764
Correo cca@noiahistorica.org
Somos a asociación de comerciantes, empresarios e hostaleiros de Noia. Xunta Directiva e equipo técnico traballamos para defender os intereses dos nosos asociados e conseguir, a través de diferentes actividades, dinamizar a economía de Noia.
A nosa motivación é que as empresas vendan máis.
Se queres formar parte do futuro de Noia súmate á nosa asociación.
- Formación dirixida a cada sector
- Información e tramitación de subvencións
- Xestión de queixas e reclamacións ante a administración
- Aula de informática e sala de presentacións ao servizo dos socios
- Mínimo 6 campañas de dinamización comercial ao ano
- Tarxeta de fidelización Noia plus
- Web listas de agasallos
- Revista anual Gremios
- Coparticipación en campañas de FGC, FEB, Xunta...
- Feiras de ocasión
- Concursos de tapas
- Visitas guiadas
- Representación do sector empresarial en diferentes entidades
- Publicidade en todos os medios
- Patrocinios de entidades e clubs deportivos
- Merchandising (bolsas, papel agasallo, servilletas, bolígrafos, caramelos, paraugas...)
- Jaima de 25 m2 dispoñible para socios
Cada actuación repercute directa e indirectamente na economía de Noia e, polo tanto, nas súas empresas.
Centro Comercial Aberto O centro comercial aberto Noia Histórica ofrece unha experiencia de compra única.
Xunto ao mar, nunha contorna histórica e patrimonial, máis de 100 tendas para mercar que abren TODOS OS DOMINGOS
Os comercios asociados forman parte deste conxunto comercial cunha marca propia e diferenciada e cun completo programa de actividades.